O ano comezará con música en Vigo, coa actuación de Uxía co seu espectáculo 'Rosalía pequeniña', no Auditorio do Concello, en dous pases, ás 16.30 e ás 18.30, cun prezo moi económico de 6 euros para adultos e 4 para os pequenos da casa.
'Rosalía pequeniña' é un espectáculo musical, gravado por Uxía no libro-disco de mesmo nome e que publicamos este 2013, na colección Sonárbore e ilustrado por Marina Seoane.
No espectáculo, Uxía canta a unha Rosalía que é pequeniña, mais tamén pirata, poeta, aventureria ou fada. Unha hora de música para cantar, para rir, para gozar ou bailar.