Que os ventos do novo ano nos sexan portantes!

O cambio de ano lévanos a facer diferentes rituais para pedir desexos: unha uva por cada petición, os brindes con cava, o pé dereito apoiado no chan… E sempre hai palabras que se repiten: saúde, traballo e amor. Son posiblemente as mesmas que escribe a cultura galega nesa carta ó vento para que traia, en […]
Dous libros de Galaxia, finalistas dos prestixiosos GOURMAND WORLD COOKBOOKS AWARDS 2013

'A cociña dos Cunqueiro', de Elvira González-Seco Seoane, e 'Cociñar con algas' de Eva Crespo Vázquez han sido elixidos como finalistas dentro dos GOURMAND WORLD COOKBOOKS AWARDS 2013 que recoñece os mellores libros de cociña do mundo. Os dous receitarios publicados pola nosa editorial, pasan agora á segunda parte do certame, os "GOURMAND BEST IN […]
Anxos Sumai recibe o García Barros

Cunha pequeña representación dos 'Contiños da Terra' de Manuel García Barros, o de "Xaquín, o pintureiro", a cargo de Gonzalo Valcárcel e o músico Juan Ruibal comenzaba o pasado venres a noite no Teatro Principal da Estrada a entrega do XXV Premio de Novela Manuel García Barros. Anxos Sumai reivindicou no seu discurso un reencontro […]
Eduardo Galán Blanco

O cine, como todo, tamén é literatura. Ou viceversa. Diante da nova novela de Frank Soutelo, pensamos que, efectivamente, hai menos distancia entre o escrito e o filmado do que os teóricos teñen dito, falando do específico fílmico e outras lerias. A proximidade de literatura e cine está precisamente na semellante estratexia narrativa que Miguelanxo […]
Debate: 'Para que nos serve Galiza?' en Vigo

O vindeiro luns 23 de decembro ás 20,00 horas celebraremos un debate arredor da reflexión plantexada no libro de Xaime Subiela, 'Para que nos serve Galiza?'. Intervirán, xunta o autor: David Rodríguez, Miguel Barros e Ana Miranda. Organizan Galaxia e Nave das Ideas. A xornada celebrarase no Café DE CATRO A CATRO de Vigo, na […]
Entrega da XXV Premio Manuel García Barros na Estrada

Ás 20 horas no Teatro Principal da Estrada, a escritora Anxos Sumai recibirá oficialmente o Premio de Novela Manuel García Barros que este ano gañou coa súa novela 'A lúa da colleita'. No blogue 'Trafegando Ronseis' falan así de ben desta nova obra de Anxos Sumai: "Unha novela moi ben escrita que nos afasta de […]
Concurso de cartas arredor de O APALPADOR

A Editorial Galaxia é unha das entidades colaboradoras do Concurso de Cartas ao Apalpador 2013, unha actividade que pretende recuperar a famosa e tradicional figura do vello que baixa cada Nadal para ver que nenos e nenas comen ben apalpándolles a barriga. Toda a información para participar neste orixinal concurso, está na web creada ao […]
Xa podes escoitar as nosas músicas nas plataformas musicais

A nosa editorial vai cos tempos. E se a literatura a cada volta se volve máis dixital, e a lectura en pantalla vai gañando adeptos (xa hai quen ve o futuro da lectura só no ámbito dos eBooks), o certo é que a música hai ben de tempo que deu o paso ao dixital con […]