No ano 2004 o escritor Xavier Alcalá botaba a andar un proxecto literario que, enmarcado baixo do nome de EVANXÉLICA MEMORIA, daba ao prelo o seu primeiro título, 'Entre fronteiras'.
Era este un primeio achegamento á historia da represión da comunidade evanxélica en Galicia e que terá continuidade nos seguintes volumes titulados 'Nas catacumbas' e 'Unha falsa luz'.
Estes días vai chegando ás librerías unha segunda edición do primeiro dos libros destes tres nos que Alcalá volve demostrarnos, como xa ten feito noutros volumes coma o clásico 'A nosa cinza' ou a novela histórica 'Alén da desventura', o seu poderío narrativo.