Ramón Villares recibe a medalla da Universidade de Lisboa

O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, recibirá este xoves a medalla do Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa como "investigador honorario". Segundo informou a USC nun comunicado de prensa, o profesor Villares, que será presentado por José Sobral, […]
Xosé Tomás presenta NÓMADES na Coruña

Xosé Tomás presenta a novela gráfica 'Nómades'. Estará acompañado polo editor, Francisco Castro, e o debuxante Miguelanxo Prado. Literatura e debuxo danse a man neste libro fermosamente traballado polas artistas mans de Xosé Tomás, de tal maneira que se converte, a súa lectura, nunha experiencia estética completa. As mulleres de NÓMADES son persoas que o […]
MITOLOXÍA DE GALIZA, por Vítor Vaqueiro

Nas páxinas desta guía atoparemos meigas, mouros, mulleres, guerreiros e animais fabulosos, sereas e pedras marabillosas; en definitiva, lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, onde, continuando co traballo emprendido anos atrás coa Guía máxica, mítica e lendaria, se tenta derrubar as fronteiras entre mitoloxía e relixión, entre o profano e o sacro, ademais de afortalar […]
Novo libro-disco de Mamá Cabra

Editorial Galaxia publica 'Xa me tardan estes Magos', o novo libro-disco de Mamá Cabra, ilustrado, coma o exitoso 'Ola, ola, la!', por Kristina Sabaite, un libro-disco no que, como en anteriores traballos de Mamá Cabra. Participan importantes poetas galegos, como son Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel, vocalista […]
Manuel Rivas, Doutor Honoris Causa

O escritor Manuel Rivas será investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña (UDC) a mediados do próximo mes de novembro. A súa candidatura para recibir este recoñecemento xa recibiu o visto e prace da Facultade de Filoloxía, e só resta que o vindeiro luns os compoñentes da mesa do claustro fagan o propio para […]
Presentación de IN VINO VERITAS en Allariz

Este venres e acompañado do profesor e músico Xabier Álvarez, o escritor Francisco Castro presentará a súa novela 'In vino veritas' na librería Aira das Letras ás 20 horas. En palabras do autor, estamos diante dunha novela furiosa que nos conta a historia de Xulio Míguez, detective sen vocación que recibe a encomenda de atopar […]
Castelao en francés

Estes días chega ás librerías do mundo francófono, editado en Les Fondeurs de Briques, o libro de Castelao, orixinal de 1922, 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' en tradución directamente do galego de Vincent Ozanam. Para o seu traballo, o tradutor seguiu a edición publicada por Galaxia da obra dentro da Biblioteca Castelao que […]
Editorial Galaxia en Frankfurt

Editorial Galaxia participará, canda outras editoriais galegas, na Feira do Libro de Frankfurt, por volume e tradición, a cita máis importante do mundo do sector do libro. Na cita deste anos presentarase, o venres, "Folks from Here and There", a tradución de "Xente de aquí e de acolá", de Álvaro Cunqueiro, de quen se conmemora […]