Libros dixitais en galego

A edición dixital en galego segue avanzando. Editorial Galaxia puxo no mercado nos últimos meses case un cento de títulos, clásicos e contemporáneos, para a descarga dixital. Unha parte moi importante do crecemento da oferta editorial do ano 2010 (un 28,6 % máis ca no ano anterior) débese a esta iniciativa da nosa editora, que […]
LUME DE COBIZA na Feira da Coruña

O acto terá lugar hoxe martes, ás 20:00 horas, na carpa da Feira do Libro da Coruña. O autor estará acompañado por Paula García Márquez, directora de comunicación de Galaxia, e Ángel de la Cruz, director e produtor de cine. A súa produtora ARTEMÁTICA será a encargada de levar ao cine esta novela. O detective […]
Libros para ler á luz do verán

Os que somos lectores e lectoras queixámonos en moitas ocasións de non ter tempo para dedicarlle a esa paixón que nos leva a abrir un libro detrás de outro libro e outro máis. Porque hai tantas obras boas e interesantes que ler, e é tan pouco o tempo do que ás veces dispomos, que un […]
Actos de Galaxia na Feira da Coruña

Coma todos os anos, do 1 ao 10 de agosto os Xardíns de Méndez Núñez da Coruña acollen a Feira do Libro, un dos grandes escaparates para o libro en Galicia. Editorial Galaxia estará un ano máis presente para apoiar esta iniciativa, centrando nesta edición a súa actividade na presentación de tres libros de publicación […]
Inaugurada en Tui a exposición O LECER DAS AUGAS. HISTORIA DOS BALNEARIOS DE GALICIA

A mostra 'O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia’, producida por Merlín Comunicación-Editorial Galaxia, está promovida pola asociación Balnearios de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia. Presenta en 12 paneis informativos unha ampla panorámica do termalismo en Galicia, desde os tempos da romanización, pasando polos balnearios tradicionais da época liberal, a […]
COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA na Coruña

Despois das presentacións en Santiago e Vigo, chega o momento de presentar na cidade da Coruña o libro ’Cociñando ao pé da letra’. Van participar neste acto Yolanda Castaño, coordinadora literaria do proxecto, a fotógrafa Andrea Costas, o director xeral de Galaxia Víctor F. Freixanes, e tamén dous dos escritores-cociñeiros que participaron no libro, Lucía […]
A exposición NO NIÑO NOVO DO VENTO en Lugo
A mostra 'No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro. 1911-2011', coa que se conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense, está promovida pola Consellería de Cultura e Turismo, Editorial Galaxia e Fundación Penzol. Presenta en 16 paneis informativos e 8 vitrinas todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras […]
A investigación en Galicia

Investigación, Coñecemento, Tecnoloxía son factores fundamentais para o futuro de calquera sociedade. Compoñentes básicos de calquera cultura moderna. O número 190 da revista GRIAL aborda unha das cuestións que consideramos decisivas para calquera planteamento que se faga de futuro en Galicia: ¿onde vai a nosa capacidade de investigación? ¿Sobre que recursos e principios se fundamenta? […]