Estes días chega ás librerías de todo o país o novo libro de X.H. Rivadulla Corcón, titulado 'Amar unha serea', na que o autor de Monte Alto entra no asunto do amor nun interesante texto ilustrado por Antonio Seijas e publicado na colección Árbore Azul, para lectores e lectoras a partir dos dez anos.
Neste novo libro, Corcón, autor de longo percorrido no eido da literatura infantil, cóntanos as peripecias vividas por Álvaro, un cativo que comeza terceiro curso e que ten un avó moi especial.
Unha boa lectura para encetar un verán que ten que estar cheíño de libros.