Un mes co galego a debate

Dende hoxe e durante todo o mes de decembro, o profesor e investigador Henrique Monteagudo protagonizará o espazo do noso blog que titulamos 'Balcón de libros' e que permite aos autores e autoras manter un coloquio cos seus lectores e un encontro con eles. Neste mes de Nadal, o libro escollido é 'As razóns do […]

Contos para ler e escoitar

'Os sete cabuxos', 'Branca de neve e os sete ananos', 'O galo Quirico' e 'Os catro amigos' son os catro primeiros títulos escollidos pola nosa editorial para presentar a colección 'Audiocontos' que hai unhas semanas chegaron ás librerías de toda Galicia. Presentados no seu día na feira Achegarte, están a ter moi boa acollida nas […]

Yo tamién soi fonte

A pasada fin de semana, nun acto auspiciado por 'Amamantar', organización asturiana de apoio á lactancia materna, e a Concellería de Igualdadade do Concello de Xixón, presentouse en sociedade a versión bilingüe bable-castelán, do libro de Teresa Moure, 'Eu tamén son fonte' ilustrado por Leandro Lamas e que protagonizou, durante todo 2008 e o que […]

Presentación de A PRAIA DOS AFOGADOS en Nigrán

Co salón de plenos do Concello de Nigrán ateigado, presentouse onte a novela nun acto no que participaron, ademais do autor, o director literario de Galaxia, Carlos Lema, e o concelleiro de cultura Anxo Valverde Pino. Ao remate houbo un animado coloquio dos asistentes co autor, quen tamén tivo a oportunidade de asinar exemplares tanto […]

Proposta institucional do Consello da Cultura sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia

O Consello da Cultura Galega deu a coñecer o pasado venres unha "Proposta institucional sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia", aprobada polo Plenario da institución. O documento foi presentado nunha rolda de prensa polo presidente, Ramón Villares, o secretario, Henrique Monteagudo, e o coordinador da Seccción de Lingua, Literatura e Comunicación, Víctor Freixanes. […]

O libro electrónico si ten futuro

A decidida aposta pola cultura dixital e a proposta de creación dunha plataforma conxunta para todo o sector foron as conclusións máis importantes do VI Simposio "O libro e a lectura" celebrado os días 12 e 13 de novembro no Consello da Cultura Galega, actividade anual organizada pola sociación Galega de Editores (AGE) co patrocinio […]

Circe e Penélope: unha ollada nova sobre os vellos mitos

Os mitos están aquí para quedarse, poderiamos dicir. Os mitos manteñen unha actualidade asombrosa. Begoña Caamaño (Vigo, 1964) bota man dunha cita de Álvaro Cunqueiro para reivindicar a utilización dos grandes referentes clásicos: Circe, Penélope, Ulises, o mundo da Odisea e de Ítaca, a espera da muller acosada polos pretendentes, a ausencia do esposo, Telémaco, […]

Ramón Piñeiro e o galeguismo

Do 18 ao 20 de novembro, o Consello da Cultura Galega acolle o congreso "Ramón Piñeiro e Galeguismo", coordinado por Francisco Díaz-Fierros, académico e vicepresidente primeiro do CCG, e organizado pola Real Academia Galega co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo. O programa salienta a acción e o legado de Ramón Piñeiro (1915-1990) no […]