Galaxia editará unha xoia histórica

Os profesores Camiño Noia e Bieito Arias serán os encargados da edición que, o vindeiro ano, a nosa editorial realizará do manuscrito de Pedro Otero, localizado na Biblioteca Nacional polo profesor Manuel Angel Candelas, e que leva por título 'Ystoria dela Santa Yglesia de Iria Flavia y translacion ala compostelana'. O documento ten un valor […]

Galaxia publicará 50 eBooks antes de fin de ano

Editorial Galaxia porá no mercado dixital 50 títulos da literatura galega antes de fin de ano. Trátase dunha primeira fase dun proxecto que ao longo do ano 2010 irá incorporando ao libro electrónico o catálogo completo da editorial (1500 títulos aproximadamente), tanto de autores clásicos como contemporáneos. En colaboración con Publidisa, e na mesma liña […]

Homenaxes a Rei Ballesteros e Díaz Pardo

Venres e sábado van ser dous días intensos en recoñecementos a persoeiros esenciais da literatura galega. Por unha banda, ao chorado Anxo Rei Ballesteros e, por outra, ao sempre lúcido e activo Isaac Díaz Pardo. Así, hoxe ás 20.30, no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, darán comezo unha serie de actos, que se desenvolverán […]

'Olladas no futuro' en Compostela

Pódese visitar ata o 31 de decembro no Museo do Pobo Galego. Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia organizan esta exposión sobre a figura e a obra de Ramón Piñeiro, autor a quen se dedica este ano o […]

Poesía sobre a poesía

Coincidindo coa presentación do libro de Antonio García Teijeiro, 'A poesía necesaria' hai dúas semanas, dous dos participantes, os escritores David Otero e Alicia Borrás, recitaron senllos poemas que, dende o noso blog, hoxe ofrecemos para o goce de todos. Poesía necesaria. Todos os días. Para mellorar a saúde en outono.

Bolboleta sira-nia nanál

Se hai unhas semanas celebrabamos que o relato inserido en 'Que me queres, amor?' (Galaxia, 1995), e que tamén é libro de seu na nosa fala e noutras, 'A lingua das bolboretas', aparecía en bretón, hoxe marabillámonos pola saída deste texto en tetún, unha das linguas oficiais en Timor Leste. Baixo do título de 'Bolboleta […]

Pierre Michon, Gran Premio da Academia Francesa

O escritor Pierre Michon, un dos escritores xa míticos da narrativa francesa actual, acaba de ser galardoado co gran premio de novela da Academia Francesa pola súa nova novela 'Os once', que Editorial Galaxia porá á venda a mediados do próximo mes de novembro dentro da colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que conta co […]

É tempo de Samaín

Son moitos os que celebran o Halloween no noso país, unha festa que nos chegou, no esencial, a través dos telefilmes norteamericanos. Discotecas, parques temáticos e bares centran as noites desta fin de semana a súa oferta de ocio na famosa festa globalizada polo poder da imaxe estadounidense. Sen embargo, dende hai uns anos, colectivos […]