Presentación de A PRAIA DOS AFOGADOS en Nigrán

Categoría: Nova

Co salón de plenos do Concello de Nigrán ateigado, presentouse onte a novela nun acto no que participaron, ademais do autor, o director literario de Galaxia, Carlos Lema, e o concelleiro de cultura Anxo Valverde Pino.

Ao remate houbo un animado coloquio dos asistentes co autor, quen tamén tivo a oportunidade de asinar exemplares tanto de A praia dos afogados como da súa primeira novela Ollos de auga

Esta presentación ten un especial significado na medida en que estas segundas pescudas do inspector Leo Caldas na procura dunha explicación á aparición dun cadáver na praia, transcorren, practicamente na súa totalidade no concello de Nigrán, en especial nos escenarios escollidos para o roteiro cos escolares que se iniciou o pasado luns: o Templo Votivo do Mar, Monteferro, a Praia da Madorra e o Porto Pesqueiro.

Compartir na redes sociais: