Como xa comentamos no seu día deste a nosa web e o noso blog, o historiador Marcos Valcárcel recibirá o vindeiro domingo a Medalla Castelao, un novo recoñecemento a un traballo dedicado ao noso país, feito con rigor e afán divulgativo.
Ademais de Marcos Valcárcel o xurado decidiu distinguir tamén a Tarsy Carballas, Fernando Diz-Lois, García Alén e Fernando Pérez-Barreiro.
Marcos Valcárcel é doutor en Xeografía e Historia e Catedrático de Historia e Literatura Galegas, e ten publicadas unha cantidade importante de obras arredor da cultura galega. Ademais, é moi de salientar o seu traballo a través da súa bitácora, referente para toda a blogosfera galega, As uvas na solaina.
No nomeamento, destacouse o seu talante aberto e dialogante e a súa dedicación vital ao mundo do coñecemento e a divulgación.