Vida e obra de Ramón Piñeiro

"Vida e obra de Ramón Piñeiro" é o primeiro dos volumes que con Ramón Piñeiro de protagonista este ano dará ao prelo a Editorial Galaxia. Neste caso, a autora de "Valdamor" Beatriz García Turnes ofrécenos unha biografía e unha antoloxía nas que se sintetizan e recollen tanto a obra coma as distintas facetas da vida […]

Blanco Amor: desexo e fotografía

Carlos Lema, director literario de Galaxia, é un bo coñecedor xa non só da produción escrita de Eduardo Blanco Amor senón tamén de todo o seu complexo e interesante universo fotográfico. De feito el é o comisario da exposición "A ollada do desexo. Obra fotográfica de Blanco Amor. 1933-1973" que neste intre está aberta no […]

50 anos de Astérix

Hai 50 anos, as historias do pequeno guerreiro galo e os seus amigos, vían a luz da man de René Goscinny e Albert Uderzo, para coñecer de inmediato un grande éxito por todo o mundo. En galego chegarían grazas á Editorial Galaxia. Moita xente ignora, e é todo un dato, que as primeiras traducións á […]

"Eu tamén son fonte" en Tui

Desde hoxe e ata fin de mes poderá visitarse en Tui a exposición "Eu tamén son fonte" obra de Teresa Moure e Leandro Lamas, autores do texto e as imaxes, respectivamente, no libro de mesmo título publicado hai uns meses pola Editorial Galaxia en colaboración con Fedegalma e a Consellería de Sanidade. A exposición está […]

Galaxia en cifras, 2008

En total son 450 autores e autoras, clásicos e contemporáneos, organizados en coleccións moi diversas, como corresponde a unha editorial xeralista: literatura, ensaio, investigación, literatura infantil e xuvenil, albumes, dicionarios, manuais, etc. A tiraxe media nestes últimos anos, entre 2000 e 2008, foi de 1.776. A máxima 8.000 e as mínimas arredor de 800 unidades. […]

Abre a exposición didáctica "O Parlamento de Galicia, 27 anos de diálogo"

Esta exposición didáctica pretende achegar a todo o público interesado, pero sobre todo aos escolares de Galicia, a realidade do Parlamento como unha fábrica de valores democráticos e de convivencia. Na visita, os asistentes coñecerán o funcionamento da Cámara parlamentaria, dando así un paso fundamental para achegarse á cidadanía. Preténdese que os asistentes entendan o […]

Os principios da radio

Xosé Soengas, Arturo Maneiro, Mónica Rebolo e Víctor F. Freixanes, profesores e especialistas en comunicación, abordan dende distintos ángulos aquela experiencia primeira, vencellada á realidade republicana na Galicia de 1933-1936. O profesor Soengas deseña unha primeira panorámica do que significa a radiodifusión ao longo do século XX; Mónica Rebolo fala da radio exterior, con especial […]

Sexta edición para "Ollos de auga"

Tralo éxito de "Ollos de auga", Domingo Villar traballa agora nunha nova aventura do inspector Leo Caldas que leverá por título "A praia dos afogados". De certo que este novo libro será quen de repetir o mesmo éxito entre lectores e crítica, pois tanto Leo Caldas como o seu axudante aragonés son personaxes inmorrentes no […]