O acordo entre Editorial Galaxia e Google Books asinouse no derradeuiro trimestre do ano 2008 e, dende entón, as consultas de libros galegos na Rede non deixaron de subir, cunha pequena baixada no mes de marzo, tal como se indica no gráfico que adxuntamos.
No mes de febreiro foron arredor de 60.000 as visitas de persoas ou institucións interesadas en títulos do fondo de catálogo da editora a través de Google Books. No mes de abril, o número de consultas de libros de Galaxia neste buscador internacional ascendeu a 178.466. Un ascenso de 270 % respecto do mes de marzo.
Os libros máis consultados ese mes foron o "Dicionario Enciclopedico (Diciopedia)", o "Dicionario de Sinónimos" e o "Dicionario Normativo da Lingua Galega".