Estás aquí:

Volve a cociña de Larpeiros

ESGOTADO
Con 30 segredos do cociñeiro Así titula Paula Cermeño a entrevista que introduce o terceiro libro de Benigno Campos: Volve a cociña de Larpeiros, a nova entrega dos máis popular e seguido dos cociñeiros galegos, responsable dun éxito editorial sen precedentes no mercado editorial galego. Volve a cociña de Larpeiros con máis de 120 novas receitas, receitas da cociña tradicional de Galicia, receitas das nosas nais e avoas. Pratos que, como di Benigno Campos, tamén serven para moito máis que comer, pois son unha "oportunidade de falar, de encontrarse". Con este terceiro libro, as lectoras e lectores de bo padal poderían, sumando as receitas dos dous libros anteriores (A cociña de Larpeiros e Novas receitas da cociña de Larpeiros), dispor de pratos para todos os días do ano sen ter en ningún momento unha sensación de rutina. A amplísima variedade de produtos e xeitos de preparalos completan un extraordinario catálogo gastronómico. Na cociña, a suma de ingredientes non dá sempre o mesmo resultado. Algo misterioso ocorre nas cazolas para que o mesmo prato non saiba igual aínda que dúas persoas dean os mesmos pasos na súa preparación. Ese misterio é a "man" de cada cociñeira e de cada cociñeiro. E nesta nova entrega o autor revélanos 30 segredos da súa "man" para que os seus seguidores poidan achegarse ao saboroso resultado que logra Benigno Campos coas súas preparacións. Eses pequenos, mais imprescindibles consellos que dan o punto final a cada prato. Os larpeiros están en boa hora!

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 160
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 15/03/2013
Dimensións 170 x 200 mm. mm.
Colección: Cociña
Nº na Colección:
Edición: 3ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-450-9
Observacións: ESGOTADO

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Campos , Benigno
benigno

Benigno Campos naceu en Chapela. Durante 39 anos traballou nunha empresa da construción naval. Estando en Madrid no ano 1971 cumprindo o servizo militar comezou a afeccionarse á cociña grazas a súa amiga Tonina, tamén de Chapela.

Esta afección levouno a ser un dos integrantes do exitoso programa de cociña da Televisión de Galicia Larpeiros. Co seu libro de receitas, A cociña de Larpeiros pretende cumprir coa demanda dun gran número de seguidores do programa.

As súas obras

Cociñando con Benigno Campos
Cociñando con Benigno Campos
21.75€ CON IVE
Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos
Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos
esgotado
A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos
larpeiro
21.75€ CON IVE
Novas receitas da cociña de Larpeiros
novas

COLECCIÓN

Cociña

A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos
larpeiro
21.75€ CON IVE
A cociña dos Cunqueiro
A cociña dos Cunqueiro
esgotado
As lambetadas de LARPEIROS
As lambetadas de LARPEIROS
21.75€ CON IVE
As lambetadas de larpeiros con mandil
As labetadas de larpeiros con mandil
21.75€ CON IVE
Cociñando ao pé da letra
coci
22.50€ CON IVE
Cociñando con Benigno Campos
Cociñando con Benigno Campos
21.75€ CON IVE
Cociñar con algas
Cociñar con algas
Estrelas da despensa galega e 67 receitas con historia e sabor
estrelas-da-despensa-galega
21.75€ CON IVE