Estás aquí:

Código: 1995

Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976

27,30  IVE INCLUIDO
Velaquí a correspondencia entre dúas figuras chave da cultura galega
dos anos centrais do século XX: Sebastián Martínez-Risco e Ramón Otero Pedrayo. Máis de cento cincuenta cartas do autor de Trasalba e sesenta de quen foi presidente da Real Academia Galega. Desde o ano 1926 até o 1976, en que morre Otero Pedrayo, os dous autores tratan asuntos variados, nos que predominan a actividade cultural, fundamentalmente arredor da Real Academia Galega, dos seus actos e iniciativas, xunto co proceso de elaboración das propias obras e as súas peripecias editoriais. Non faltan aspectos íntimos e persoais que poñen ao descuberto a calidade humana dos dous amigos: tristezas e alegrías por avatares familiares, humildade e modestia ao rexeitaren honras e louvanzas, xenerosidade no cumprimento de tarefas en prol da causa galeguista, conflitos e tensións coa sociedade do seu tempo, desinterese por prebendas persoais. Un canto á amizade como refuxio durante a longa noite de pedra, en pleno exilio interior.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 438
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Memoria
Nº na Colección: 47
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-639-2
Observacións: Intrudición, transcición e notas de Xosé Ramón Freixeiro Mato

AUTORES/AS

Martínez-Risco , Sebastián
sebastian-martinez-risco

Nado en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e finado na Coruña o 24 de setembro de 1977, foi un xuíz e escritor galego.

Realizou os estudos secundarios en Ourense. Trasladouse a Santiago de Compostela onde iniciou a carreira de Dereito, que continuou na Universidade de Zaragoza e concluíu en Madrid. En 1924 gañou a oposición de maxistrado, converténdose en xuíz de instrución do Barco de Valdeorras entre 1932 e 1933 e posteriormente de Vilalba.

Fundou e dirixiu o Ateneo de Lugo. En 1944 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, ingresando en 1953 co discurso “O sentimento da Xustiza na literatura galega”. En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo.

Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu na clandestinidade entre os anos 1960 – 1977. Durante a súa presidencia celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas.[1]

Formou parte do Consello de Dirección da Revista de Economía de Galicia e do Consello de Administración da Editorial Galaxia.

É o avó da actriz Isabel Risco.

As súas obras

Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
27.30€ CON IVE
Otero Pedrayo , Ramón
Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.

As súas obras

Camino de Santiago. Guion para una película
camino-de-santiago-2
15.75€ CON IVE
O señorito da Reboraina
9788491514817
23.00€ CON IVE
Entre a vendima e a castañeira
9788491514824
16.55€ CON IVE
Polos vieiros da saudade
9788491514831
29.75€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
23.75€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
22.95€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
21.95€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
23.05€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
20.90€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
27.30€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
16.60€ CON IVE
As cartas do destino
cartas do destino
19.50€ CON IVE