Álvaro de las Casas, unha personalidade polémica. É esta a primeira biografía completa do fundador das mocidades de Ultreya.
O historiador Uxío-Breogán Diéguez partiu dunha pormenorizada investigación sobre o material documental e bibliográfico existente para trazar este retrato histórico dun home de personalidade polémica e ata o de agora só parcialmente coñecida.
O percorrido vital de Álvaro de las Casas (Ourense 1901-Barcelona 1950) é coñecido sobre todo pola súa estreita vinculación coas mocidades de Ultreya, organización xuvenil que foi un dos berces do galeguismo a comezos do século XX, e pola súa militancia polémica nas fileiras do partido galeguista, no que representou unha tendencia caracterizada por certo extremismo. Este traballo de Uxío-Breogán permite descubrir cuestións ata o de agora pouco estudadas, achegándonos a biografía do personaxe desde diferentes e novas perspectivas: a súa relación coa Casa Real en Madrid ou a etapa final, pero fundamental para completarmos o seu retrato, en Sudamérica.
Compartir nas redes sociáis
Detalles do libro
Paxinas: 256
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/11/2003
Dimensións 134 x 210 mm.
Colección: Memoria
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-633-6
Observacións:
AUTORES/AS
Diéguez Cequiel , Uxío-Breogán
Nace en Madrid en 1978 e fórmase como investigador na Universidade de Santiago de Compostela. É especialista na historia do nacionalismo galego.