Presenza de Galaxia/Mar Maior no MICA

Categoría: Nova

Durante catro días, dende o pasado sábado (día 23) ata o martes reuníronse na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, representantes de distintos sectores e instituciones de Galicia e Arxentina relacionadas coa industria cultural: o libro, a música, o cine, o deseño, as artes escénicas, a comunicación… Editorial Galaxia presentou neste foro o seu proxecto para o exterior: A Galicia de América, centrado específicamente na Arxentina.
Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Pilar Samil, directora xerente da editorial, presentaron o proxecto Mar Maior: a nova iniciativa que se dará o seus primeiros pasos o próximo ano en Buenos Aires, primeira etapa para a difusión da cultura e o libro galego alén das nosas fronteiras.
Entre os presentes estaba Rodolfo Hamawi, responsable de Industrias Cuturais do goberno arxentino, Gustavo Canevaro, presidente da Fundación-El Libro (responsable da feira do libro que anualmente se celebra na capital arxentina) e directivos da Cámara Arxentina do Libro, ademais de autoridades da Xunta de Galicia: Anxo Lorenxo e Jacobo Sutil, director de AGADIC.
Víctor F. Freixanes fixo unha exposición da presenza histórica de Galicia e os galegos na construcción da identidade nacional arxentina, con referencia especial ás achegas de carácter cultural na historia daquel país, tanto de emigrantes como de exiliados. "Imposible entender a Arxentina sen os galegos", comentou, glosando unha afirmación do ensaista Antonio Pérez Prado.
"Dende o primeiro presidente da Arxentina, Bernardino Ribadavia, descendente de galegos, a Raúl Alfonsín, pasando por escritores e artistas como Luis Seoane, Xosé Cao (fundador da moderna caricatura política arxentina na revista Caras y Caretas), Arturo Cuadrado, Rafael Dieste, Eduardo Blanco Amor, ou máis recentemente Dionisia López (unha das fundadoras do movemento Madres de Mayo), Pérez Esquivel (Premio Nobel da Paz), ou as escritoras María Rosa Lojo, Elsa Osorio e Claudia Piñeiro, narradoras contemporáneas, a achega dos galegos e dos descendentes de galegos é fundamental Con este espírito nace a nosa iniciativa, que pretende movilizar a rede social dos galegos no mundo", engadiu. "Non esquezamos que durante case dúas décadas, dende 1939 ata a metade da década dos 50, Buenos Aires foi a capital mais activa da cultura galega".

Compartir na redes sociais: