Hai uns días saía do prelo, e está a chegar xa ás librerías de todo o país, o libro de Sabela Núñez Singala, 'O agasallo de Anya', que publicamos na colección Árbore 10 anos con ilustracións de Xosé Tomás. Estamos diante da obra de debut desta autora que construiu unha fermosa historia na que unha nena galega e unha nena ucraína dialogan, sen saber que o están a facer, sobre a vida e os soños.
Ao tempo que sae o libro, botamos a andar un blogue e unha páxina en facebook. A ambas as dúas podes acceder dende as ligazóns á dereita destas liñas.
Anímate a participar e compartir!!!