Presentouse IN VINO VERITAS

Categoría: Nova

No marco dos actos da Feira do Libro de Vigo presentouse onte a nova novela de Francisco Castro, 'In Vino Veritas'. O autor estivo acompañado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o músico Anxo Pintos. Ambos os dous desgranaron diante da audiencia que ateigou a carpa da praza de Compostela viguesa, os méritos dunha obra que pasa revista, en clave de parodia de novela negra, aos medios de comunicación, nomeadamente o telelixo.
A historia está protagonizada polo detective Xulio Miguez, quen vai recibir a encomenda de atopar un famoso adegueiro mergullado no universo escuro das relacións sadomasoquistas.
No noso blog deixámosvos un completo álbum de fotos da xornada de onte.

Compartir na redes sociais: