Este xoves presentarase o novo número da Revista GRIAL, dedicada no seu tema central á mellora da capacidade forestal galega.
Participarán no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e codirector de GRIAL, Fernando González Laxe, presidente da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, Alberte Piñeiro, voceiro da Asociación e Ana José Varela, directora xeral de Investimentos da Fundación Barrié.