Mañá mércores, no Centro de Recursos Feministas de Vigo, a poeta Chus Pato presentará o seu novo libro, 'Carne de Leviatán', editado por Galaxia na súa colección Dombate.
Intervirán, xunta a autora, a poeta Elvira Ribeiro e o director de Edicións de Galaxia, Carlos Lema.
Chus Pato é un dos nomes capitais da poesía galega actual. En "Carne de Leviatán" atópase a Chus Pato máis poética, desde o punto de vista máis tradicional, sempre entendendo o termo tradicional dentro das fronteiras da poesía vangardista actual, que tamén ten tradición.