O teólogo Andrés Torres Queiruga presenta este seu novo libro. Estará acompañado polo escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, Xavier Martínez Cobas e Xan López Facal.
O libro é un mollo de artigos que, nunha primeira parte se refiren a unha exposición directa e familiar do central na fe. Nunha segunda, fan unha clara formulación teolóxica e, por último, abordan cuestións de talante especulativo.
En calquera caso e como xa nos ten acostumados o pensador, un texto que non nos vai deixar impasibles.