O pasado sábado, dous libros de Editorial Galaxia recibiron dous dos premios máis importantes dos que se conceden no noso país. Por unha banda, os críticos literarios españois, reunidos en Segovia, decidiron que 'Laura no deserto', de Antón Riveiro Coello, e 'Cráter', editado por Edicións Toxosoutos, de Olga Novo, nas modalidades de narrativa e poesía, respectivamente, fosen os premiados do apartado correspondente ó galego.
Por outra banda, a Federación de Libreiros de Galicia entregou en Lalín os Premios Irmandade do Libro. Resultou galardoada na modalidade de instutición, a Real Academia Galega, a biblioteca Central Rialeda do Concello de Oleiros, polo fomento da lectura, a obra 'Mitoloxía de Galiza', de Vitor Vaqueiro, na modalidade editorial do ano 2011, o Ceip de Riomaior (Pontevedra), centro de ensino do ano, 'Non hai noite tan longa', de Agustín Fernández Paz, Libro do Ano 2011. A Libraría Cartabón de Vigo, foi recoñecida na modalidade das librerías. No apartado de autor o recoñecido foi Gonzalo Navaza.
Dous recoñecementos moi importantes para dous títulos que engrandecen moito máis o noso catálogo editorial.