Para lembrar o Holocausto

Categoría: Nova

Hoxe, 27 de xaneiro, é o día designado pola ONU para lembrar o Holocausto, é dicir, o xenocidio do pobo xudeu cometido polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial.
É moita a literatura que se ocupou de lembrar eses feitos, ben contando historias reais, ben ficcionando unha realidade salvaxe que non debe volver repetirse.
No catálogo de Galaxia, e na colección Costa Oeste, hai anos que publicamos un clásico sobre esta cuestión, Reencontro, de Fred Uhlman, a memoria dun neno xudeu e da amizade co fillo dun importante barón alemán que, co paso do tempo, se convertirá, por decisión do destino, nun oficial do exército de Hitler.
O libro é tamén un clásico nos nosos centros de ensino. Os profesores e profesoras saben que é un vehículo perfecto para, ademais de fomentar a lectura e a boa literatura, achegarse a unha cuestión espiñenta que todos os días, non só hoxe, é importante lembrar.

Compartir na redes sociais: