No Nadal, música e teatro infantil a moreas

Categoría: Nova

As vacacións escolares de Nadal cómpre enchelas de actividades cos nosos pequenos e pequenas. Entre outras cousas, porque non todo vai ser a festa consumista á que a publicidade nos ten afeitos.
Por iso, a Editorial Galaxia ofrece un mollo de actividades relacionadas con algúns dos produtos musicais e teatrais pensados para os máis pequenos, para que esta semana de festas sexan, tamén, de ocio e cultura en galego.
Así, o sábado 27, As Maimiñas ofrecerán o seu espectáculo UNHA VIAXE POLO MUNDO ás 18 horas no Auditorio do Concello de Vigo.
Tamén o sábado, Os Quinquilláns representarán ESPANTALLO AMIGO no Auditorio Municipal de Ribeira ás 19 horas.
Finalmente, Xoán Curiel e a Banda Son + D2 pararán con ESTAMOS NO VERÁN ás 19.30 horas no Auditorio de Ourense.
Ao día seguinte, domingo 28, Pirilampo ofrecerá o seu espectáculo musical LUCECÚS, na Fundación Luis Seoane ás 12 do mediodía.
Ás 12.30 h., en Vilar de Santos, Xoán Curiel e a Banda Son + D2 estarán interpretando os temas de ESTAMOS NO VERÁN. Logo, á tarde, ás 18.30 h, van ata Milladoiro co mesmo espectáculo, desta volta no Parque Infantil Planeta Magic.
Os Quinquilláns, pola súa banda, visitan o Auditorio Don Angel Cocho Ferrero de Xinzo para representar ESPANTALLO AMIGO.
Unha longa fin de semana vacacional chea de lecer e cultura en galego.

Compartir na redes sociais: