Acabamos de coñecer os títulos finalistas do prestixioso premio Frei Martín Sarmiento, un dos galardóns máis cobizados polos autores e autoras do noso sistema literario, pois é un premio que, no básico, conceden os escolares galegos, sinalando aqueles títulos que máis lles gustaron dos publicados recentemente.
Nesta nova edición, dous títulos da nosa editorial, 'Vou ter un irmán!!!' de María Solar, ilustrado por Xosé Tomás e 'Laura no deserto' de Antón Riveiro Coello, competirán por facerse co premio nas categorías de 1º e 2º de Educación Primaria e Adultos, respectivamente.
Dende a nosa editorial expresámoslles o noso orgullo e parabéns por ternos agasallado con dous textos magníficos que, como vemos, están tamén a engaiolar aos lectores e lectoras.