Homenaxe a Neira Vilas

Categoría: Nova

O autor de 'Memorias dun neno labrego' segue recibindo recoñecementos por todo o país. E así, este domingo, serán os seus veciños de Codeso os que llo darán cun amplo programa de actos que se celebrará no Local Sociocultural de Codeso..
Na homenaxe participarán José Antonio Solano (cónsul de Cuba), Mini e Mero, Luz Fandiño, As Pandereteiras de Codeso, Afonso García Penas, O grupo de gaitas 'Pena do Couso', Concha Rousia, a Escola de Teatro do CPI de Vedra, A porta Verde do Sétimo Andar, o Grupo de Teatro da ANPA 'A Infesta' de Pontecesures, Iolanda Aldrei e O Ghusto do Boi.
Pecha así o escritor de Gres unha semana intensa na que tamén asistiu á inauguración da exposición 'Querido Balbino', o pasado mércores, nas terras de Rois.

Compartir na redes sociais: