Galaxia na Feira do Libro de Vigo 2009

Categoría: Nova

Os postos da feira permanacerán abertos para os lectores vigueses dende o 10 ata o 19 xullo. O pregón inaugural terá lugar esta tarde, ás 20.30 h, e nesta edición está a cargo do escritor e compañeiro de Galaxia Francisco Castro.

Antes, ás 19.30 h, asistiremos á conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Xerais e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado por Galaxia.

Este domingo día 12, ás 19 h, disfrutaremos dunha actividade teatral para nenos con Heidi Kühn-Bode e o seu libro FALOU UN QUEIXO.

O martes 14 de xullo, ás 20.30 h, terá lugar a presentación do libro A COCIÑA DE LARPEIROS, de Benigno Campos, popular cociñeiro da TVG.

O mércores 15, ás 20 h, o escritor Francisco Castro visitará de novo a feira para asinar exemplares dos seus libros publicados por Editorial Galaxia.

O xoves 16 de xullo, ás 19.30 h, presentamos o interesante libro HISTORIA SOCIAL DO DEPORTE EN GALICIA, do vigués Andrés Domínguez Almansa.

Ese mesmo día, a partir das 20 h, o escritor Domingo Villar asinará exemplares das súas novelas OLLOS DE AUGA e A PRAIA DOS AFOGADOS.

Compartir na redes sociais: