Francisco Domínguez explicou a dixitalización dos documentos da Penzol

Categoría: Nova

Onte celebrouse, como todos os anos, o Simposium da Asociación Galega de Editores, desta volta centrado no futuro das bibliotecas na contorna dixital. Unha morea de expertos debullaron as súas experiencias e reflexións arredor da cuestión, neste instante de cambio de paradigma, tamén, para as bibliotecas, que teñen que enfrontarse ao reto da dixitalización e dos novos comportamentos, grazas ao libre acceso ás tecnoloxías da comunicación, dos usuarios.
Un dos relatores foi Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol, quen, ademais de explicar a historia da institución, a día de hoxe o arquivo documental máis importante de Galicia, foi contando tamén os procesos de dixitalización dos fondos alí depositados. Este traballo é fundamental para que o obxectivo desta biblioteca, que é axudar á investigación, poida desenvolverse como é debido.

Compartir na redes sociais: