O Ministerio de Cultura francés condecorou onte coa insignia de oficial da Lexión de Honra ao escritor turco Orhan Pamuk, laureado co premio Nobel de Literatura en 2006 e de quen a Editorial Galaxia publica a súa obra en galego.
A cerimonia estivo presidida pola ministra gala de Cultura, Aurélie Filippetti, que expresou no seu discurso a estima que Francia lle ten a Pamuk "pola inmensa dignidade do seu estilo, do seu pensamento e da súa persoa,".
As obras do escritor, entre as que citou "ieve", convertéronse segundo Filippetti en clásicos no país, impresionado "pola sutilidad da narración (…), á vez espiritual e carnal, pola súa alianza única de potencia e delicadeza, de imaxinación e de suxestión, de implicación social e política".
Segundo a ministra, o estilo literario é "unha aventura" para Pamuk, que "de libro en libro, de novela en novela, non cesou de buscar, de innovar, de experimentar,".
Na familia da Editorial Galaxia, hoxe, estamos de celebración.