Esta fin de semana vai ser especialmente intensa no que se refire a libros do noso catálogo.
Así, por unha banda, o sábado 28 de xaneiro, ás 12:00 horas, presentaremos o libro VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETÍBEL. BIOGRAFÍA DE Mª DO CARME KRUKEMBERG, de Mercedes Queixas, coa presenza da autora e mais do escritor e editor Francisco Castro, así como da secretaria de Barbantia, Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño.
Ao día seguinte, domingo, serán os nenos os protagonistas na cidade da Coruña, pois se inaugura a Biblioteca Municipal Ágora. Dende o concello herculino preparouse unha ampla gama de actividades que culminarán, ás 19:30 h, coa presentación do libro O SOLDADIÑO DE CHUMBO e o visionado da curta que acompaña a publicación. No acto intervirán unha das directoras da curta, Virginia Curiá, a directora da Biblioteca do Centro Ágora, Cristina Ameijeiras, e o editor do libro, Francisco Castro.