Carlos Méixome reseña para a revista Tempos Novos a última e exitosa novela de Antón Riveiro Coello: A ferida do vento. “Non era doado o mandado: facer unha novela sobre os toliños de Xinzo […] Mais non estamos ante un principiante, nin ante un afeccionado. Antón Riveiro Coello ten demostrado ser un dos grandes narradores contemporáneos e da literautra galega”, deste xeito, Méixome louva a mestría de Riveiro Coello que tece “memoria, culpa, morte e amor, música e literatura” nesta novela “construída coa tenacidade e a paciencia do ourive”. Unha homenaxe a Carlos Casares, protagonista das Letras Galegas deste 2017, que volve confirmar a Riveiro Coello como un dos grandes narradores das últimas décadas.
Podes descargar a crítica ao completo aquí.