Bibliópatas e fobólogos: un libro para ler coma quen petisca

Categoría: Nova

Chegan as primeiras lecturas de Bibliópatas e fobólogos, o libro de microrrelatos co que Emma Pedreira chegou ás mesas de novidades deste mes de marzo da man da Editorial Galaxia.
No Sermos Galiza de hoxe, o crítico Marío Regueira apunta que “O obxecto desta nova proposta de Emma Pedreira é o mundo dos libros, entendido nun sentido amplo onde as persoas lectoras, as voces autoriais, as bibliotecarias, as editoras, as lendas literarias e os distintos recoñecementos sociais da actividade literaria conforman un conxunto de aparencia confusa pero ben identificábel para quen se mova nas súas marxes”. E destaca que “a autora sabe contruír un discurso lúdico  e mesmo un tanto herético, capaz de poñer algo máis que un sorriso de complicidade no rostro de quen está a ler”.
Un libro “para ler coma quen petisca […] unha lembranza de como é bo non tomar algunhas cousas con demasiada seriedade”.
Podes ler a crítica completa do Sermos Galiza aquí.

Compartir na redes sociais: