Xa se coñecen os gañadores nas distintas categorías do II Concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA e no que, por vez primeira, tamén puideron participar relatos en galegos pois Editorial Galaxia se incorporou este ano á organización.
Así pois, no que se refire á nosa lingua,o xurado decidiu conceder o primeiro premio da modalidade Relato corto, categoría Adulto, ao relato titulado "Crecer", dou autor Martín Pérez e mencionar como finalista ao relato "Alea iacta est", de autor Pedro Antonio Labraña.
O primeiro premio da modalidade Microrrelato, categoría Adulto, foi para o relato titulado "Uchronia Labs", de Enrique Neira. Mencionouse como finalista ao relato "Microscópico!", de autor André Ventas.
Na modalidade de Relato corto, categoría Xuvenil, o relato titulado "Carta de Nikola Tesla a Thomas Edison", de David Novo foi o gañador, e recibiu unha mención como finalista o relato "Un día diferente", de Andrea González.