Entrega do premio Losada Diéguez a Domingo Villar

Categoría: Nova

O premio Antón Losada Diéguez 2010, no seu apartado de Creación Literaria recaeu na segunda novela de Domingo Villar, A praia dos afogados. Este galardón chega así ao seu vixésimo quinto aniversario premiando unha das novelas máis recoñecidas dos últimos tempos.

Os integrantes do xurado valoraron desta obra ‘a súa excelente construcción narrativa, que desenvolve unha trama chea de ritmo que atrapa o lector, así como a solidez dos personaxes, en particular do inspector Leo Caldas’. Subliñouse tamén a grande capacidade do autor para atraer novos públicos á literatura en galego.

O acto, que se celebra este sábado, dará comezo ás 11:00 horas cunha misa na Igrexa de San Mamede de Moldes, e a entrega de premios terá lugar no Pazo de Moldes, a partir das 12:30 horas.

Compartir na redes sociais: