Elisa no país das marabillas, beleza e superación

Categoría: Nova

Elisa no mundo das marabillas é o conto que elaboraron os usuarios e usuarias do obradoiro artístico de APAMP(Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) para celebrar o Día do Libro do ano 2015.
Este é moito máis que un álbum ilustrado. É un libro feito dende a ilusión máis absoluta e que nace do entusiasmo brutal e optimista. Un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns, este libro protagonizado por Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era moi fermosa, pero ela non o sabía. Elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral.
Neste vídeo móstrase como se xestou o proxecto que xa é realidade e que conseguiu ser o segundo libro máis vendido en galego!!
Onte foi a presentación á prensa, foi un día feliz! Así o recolle hoxe La Voz de Galicia e Atlántico Diario.

Compartir na redes sociais: