A Editorial Galaxia publica o álbum Elisa no mundo das marabillas, ilustrado por persoas con parálise cerebral. Por esta razón este libro é moito máis que un álbum ilustrado, pois nace da ilusión e do entusiasmo do Obradoiro Artístico de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e que un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns, este libro protagonizado por Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era moi fermosa, pero ela non o sabía. Elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral.
A través deste libro, achegarémonos a unha realidade que ignoramos, que non queremos ver malia que a teñamos diante dos ollos. A realidade das persoas que padecen parálise cerebral e que aínda que cheos de dificultades, son quen de saír adiante. “Elisa era unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era fermosa, pero non o sabía. Elisa movíase nunha cadeira de rodas e tiña parálise cerebral”.
Hoxe na presentación contamos coa presenza de Fedra Alcaraz, monitora do obradoiro artístico, Sara Rivas, usuaria do obradoiro, Concepción Somoza, xerente de APAMP, Daniel Varela, presidente de APAMP, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Xose Leal, deputado de Cultura e Lingua, e Abel Caballero, alcalde de Vigo.
A ilusión e a beleza están ao alcance de calquera. A Editorial Galaxia e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral), coa axuda da Deputación de Pontevedra, editan Elisa no mundo das marabillas para demostralo.