É tempo de Samaín

Categoría: Nova

Son moitos os que celebran o Halloween no noso país, unha festa que nos chegou, no esencial, a través dos telefilmes norteamericanos. Sen embargo, dende hai uns anos, colectivos galegos e asociacións de todo tipo traballan para recuperar a nosa propia celebración do Día de Defuntos, o Samaín, primeiras noites de novembro para celebrar aos mortos abeirados por cabazas iluminadas que lembran caveiras, viño e festa para rir da morte e asustar aos inxenuos.

O Samaín é unha celebración que ten máis de 3000 anos e que, precisamente, está na orixe do Halloween máis mediático, pois chegou a Norteamérica da man doutro pobo celta e emigrante como foi o irlandés. Conviría non esquecer este tipo de realidades pois, moitas veces, tendemos a pensar que todo se inventou antonte e, ademais, que se inventou fóra.

Para non esquecer as nosas tradicións, para entendelas e para reivindicalas dende un espírito lúdico, Editorial Galaxia botou a andar a colección Pimpín por aquí non vin. Un mollo de libros-acordión para achegarlle aos máis pequenos da casa, entre outras tradicións como o Magosto ou o San Xoán, a festa do Samaín.

Feliz Samaín para todas e todos.

Compartir na redes sociais: