O ano comezaba coa chegada ás librerías da décima edición de 'Ollos de auga', a primeira das obras protagonizadas polo xa máis que famoso inspector Leo Caldas, nacido da imaxinación do escritor vigués Domingo Villar. Dende o momento primeiro da súa saída, a obra foi colleitando o favor dos lectores e lectoras os cales, axiña, pediron máis. 'A praia dos afogados' veu satisfacer esa demanda e a colleitar o mesmo éxito.
Ambos os dous libros están xa traducidos a unha morea importante de linguas o que demostra a paixón que provocan as tramas e casos aos que ten que enfrontarse o olívico policía.
En nada, tiraremos do prelo a seguinte obra de Domingo Villar co mesmo protagonista. O seu título é 'Cruces de pedra' e estamos certos de que ha engaiolar, de novo, a todas e a todos os que siguen a súa narrativa.