Daniel Asorey presenta en Compostela Nordeste

Categoría: Nova

Mañá Daniel Asorey, gañador da última edición do Premio de Narrativa Breve Repsol coa novela Nordeste, preséntaa mañá en Compostela ás 19.45h na librería Couceiro. Estará acompañado de Chus Nogueira e de Francisco Castro e agarda contar tamén coa vosa presenza.
Trátase dunha novela que se ocupa da interconexión entre Galicia-Brasil a través dunha ucrónica República galega de expansión ultramariña e da que terras coma Bahía, Río Grande do Norte e o mesmo São Paulo son colonias. O xurado destacara o día da concesión do premio a calidade estilística e a imaxinación desbordante. Asorey cre que a imaxinación non é tanta pois a historia está tecida cos díos da realidade.
Os temas como o poder, a corrupción, a liberdade ou a mulleres son centrais. O poder do masculino fronte a tres mulleres protagonistas que retratan as realidade subalternas, que siñan con mundos posibles e que critican o mundo de opresión que representan os homes.

Compartir na redes sociais: