Este martes, ás 20:00 h, terá lugar na librería Andel (rúa Pintor Lugrís, 10) de Vigo a presentación do debut literario de Roi Méndez, Contos para ir durmir, publicado na colección Árbore de Galaxia. Estará acompañado neste acto polo editor, Francisco Castro.
É un libro de contos para ler a calquera hora. Tamén para ir durmir. Hai contos que se contan para ir durmir pero, sobre todo, para ir soñar. Historias que veñen cheas de aventuras, de personaxes inesquencibles, de paisaxes, nunca mellor dito, de ensoño. Neste libro, Roi Méndez sorpréndenos cun mollo de historias que, ao xeito das vellas fábulas, van deixarnos a mente contenta e o corazón preparado para recibir máis e máis contos… ata que nos dea o sono…