Comezan os Roteiros de 'A praia dos afogados'

Categoría: Nova

Hoxe dan comezo os Roteiros que a nosa editorial organizou arredor da novela de Domingo Villar, 'A praia dos afogados'. En termos xerais, van participar nesta actividade que vai permitir coñecer os escenarios onde se desenvolve a novela, algo máis de mil escolares de ensino medio en Galicia, convertíndose así esta acción, sen dúbidas, nunha das intervencións máis importantes de todas as que hai no país arredor do fomento da lectura.
'A praia dos afogados' é unha novela que goza dun grande éxito entre a poboación escolar galega, moi en especial nos últimos anos da ESO e do Bacharelato. Consorte con iso, organizamos este roteiro que permite á rapazada, ademais de pasar un interesante día de convivencia no entorno de Monteferro ou a praia da Madorra, coñecer, en directo, os escenarios que inspiraron ao autor na segunda aventura de Leo Caldas.

Compartir na redes sociais: