Estes días ven de chegar ás librerías de toda Galicia o libro de receitas de Emma Cavallé, 'Que fácil é cociñar sen lactosa. 84 receitas para alérxicos ás proteinas do leite e con intolerancia á lactosa'.
En realidade, estamos diante dun receitario cunha dobre finalidade: por unha banda, demostrar que é posible facer unha cantidade enorme de pratos para quen teña intolerancia á proteína da lactosa e, por outra, ofrecer a todo o mundo interesado na boa cociña, un mollo de receitas e ideas para encher a mesa de bo gusto e sabor de primeira calidade.
Daquela, un novo texto, imprescindible, para todos aqueles que entenden que a mesa é algo máis que unha necesidade e que, tamén, pode ser un arte.