A semana que vén, as librerías todas de Galicia encheranse co novo libro de receitas do cociñeiro do programa LARPEIROS da Televisión de Galicia, Benigno Campos. Desta volta, o título non pode ser máis descritivo: COCIÑANDO CON BENIGNO CAMPOS, porque iso é o que é, unha proposta coas receitas de sempre para que cociñemos con el os pratos tradicionais galegos co sabor de sempre.
O libro acompáñase desta volta cun prólogo do experto en historia da cociña, nomeadamente da galega, Xavier Castro no que, entre outras cousas, cualifica as proposstas culinarias de Benigno Campos como unha "celebración da vida".