O pasado 29 de marzo Xoán Carlos Domínguez Alberte levou a cabo unha charla literaria sobre o seu libro Versos para conversar na biblioteca do IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro, que recollía a visita no seu blog. Na charla, participou alumnado dos centros CEIP Xoaquín Lourenzo “Xocas”, de Bande, CEIP San Marcos, de Cartelle, CPI Padrenda, de Crespos, e do IES Aquis Querquernis, da Baixa Limia.
Unha oportunidade xenial para rapazas e rapaces de se achegar a un libro concibido para ler e entender o mundo, para saber como se nomean as cousas, para falar e recitar. Máis que recomendable!