Unha lingua rural

O latín chegou a ser a lingua dun imperio, pero xamais puido ou quixo agochar as súas orixes rurais. Segundo a preciosa etimoloxía de delirare, alguén que delira é alguén que se desvía do rego, do suco (lira). E alguén egrexio (egregius) destaca por enriba do rabaño (grex). Os rivais (rivales) son tales porque comparten […]

O un e o diverso

Tócame agora a min a quenda para encher este pequeno espazo nas marxes e non se me ocorre mellor cousa que continuar a liña marcada pola estupenda poeta que me precedeu. A semana pasada Dores Tembrás reflexionaba sobre a descuberta do país e dunha parte de si mesma a través da figura de Pizarnik. Lendo […]

Contemplación especular

  Tiña vinte anos cando nun obradoiro literario descubrín a obra de Alejandra Pizarnik. Éme imposíbel recuperar a fascinación, a respiración suspensa ao escoitar os seus versos. E inmediatamente nomeeina como unha das grandes poetas de tódolos tempos. Pizarnik converteuse daquela na guía necesaria que calquera estudante apaixonado de Filoloxía procuraba polos corredores da facultade. […]

O hospital das palabras

  Nai e Pai sempre pensaran que a literatura era un microcosmos de emocións e silencios, un espazo acolledor para a pausa e a reflexión, un acubillo contra o acoso do ruído, un lugar de tránsito entre a certeza e os soños, unha gándara aberta onde as palabras adquiren o poder de transformaren a realidade. […]

O ensino do portugués entre nós

Cando un mira para a Estremadura non deixa de ollar con certa envexa o pulo que o ensino da lingua portuguesa nos centros de ensino foi adquirindo co paso do tempo. A vontade de superar vellas barreiras e de ollar cara a un mundo no que o plurilingüismo, o coñecemento mutuo e o respecto á […]

Deriva literaria

A literatura galega dos últimos tempos parece ter entrado nunha anovadora deriva continental canto ao xenérico e a súa canonicidade dentro do sistema.Tradicionalmente o relato curto e a poesía gozaron dunha posición preeminente entre nós, a carón, xaora, da novela e, en menor medida, o teatro. Pois ben, nesta singular tectónica de xéneros, dende hai […]

¿Onde estaban?

Detesto o intelectual orgánico. Hai quen pensa que só existen con gobernos de dereita. Equivócanse. Os orgánicos existen en todas partes. Cando gobernan os seus, calan. E cando non gobernan, fieis ao partido e non á propia conciencia, aparecen de novo como defensores das liberdades. Un, cada fin de semana, profería a súa particular homilía. […]

Como coa comida feita a lume manso

Lembro cando hai anos o auténtico frenesí do xornalismo estaba apenas condicionado pola hora de peche da edición. Facíase de madrugada, a maioría das veces cos protagonistas da nova xa a durmir. Malia todo, a actualidade marcábaa basicamente ese ritmo demorado do diario. Hoxe queremos vivir na maior inmediatez, na pretensión inútil que nos fai […]