A casa: con tarxeta ou efectivo

Levo aquí sentada todo o día nesta cama pensando, entre outras cousas, en que as habitacións dos hoteis teñen un perfil que me atrae. Son como imáns. Unha dase conta de que o espazo non lle pertence, pero é emocionante pegarse aos complementos xustos que transforman o estrano en puntos de calor. Dalgunha forma cando […]
Literatura grande

Independentemente da crise, a nosa literatura é grande. Poderán faltar recursos, pero de imaxinación non imos escasos. Puidera ser que non teñamos todo o apio do mundo no que a difusión se refire. Pero á hora de escribir, os autores e autoras deste país non saben de fronteiras, e tratan todos os temas coa mesma […]
Por favor, deixe a súa pegada dixital aquí

Un día, decateime de que internet estaba aí e palpitaba. Para alguén afeito ao papel, ao galope aceirado dunha máquina de escribir ou ás psicosomáticas caligrafías, ese universo paralelo chamado Rede arrecendía a posibilidade. Tamén a exploración orbital. Co comezo do novo século, asistín primeiro como voyeur a toda esa enxeñería de redes que se […]
De feira

Partindo da experiencia da Feira do Libro de Vigo que acaba de rematar, fago unha serie de propostas extrapolables a calquera feira deste tipo que se organice en Galicia: – Necesidade de crear un espazo multimedia (páxina web, blog, ou facebook), como ferramentas que permitan unha interactividade entre a organización da feira e os asistentes, […]
Decálogo de escritor para min mesmo

1. Amar os máis grandes. Aspirar a medirse só con eles. 2. Non imitar a escritura dos mestres. Imitar a súa ambición. 3. Afastarse do clasicismo que se admira. Buscar vieiros novos para penetrar no que non se coñece. Abrilos un mesmo. 4. Ser obsesivo. Seguir o torturante camiño: desbotar, corrixir, destruír… Ir máis alá. […]
O celtismo: un motivo literario vixente

Afirmaba Murguía que os poetas son máis libres que os historiadores no intento de recoller na súa obra a verdade conservada no corazón da multitude. Tamén lles axuda a innata disposición imaxinativa dos galegos coa tradición lendaria oral. Cando me preguntan ou me trasladan dúbidas sobor disto, digo que tanto antes coma hoxe, a Galicia […]
Farrah

En Bueu, onde nacín, vivía un kiosqueiro que se chamaba Berto Borrallas. Borrallas –o alcume nunca souben de onde viña- era, de facto, un kiosqueiro-libreiro, porque a súa minúscula tenda trascendía o ámbito limitado dos xornais e revistas, e ateigábase de centos de libros que Borrallas coñecía a fondo, porque Berto, coma todo o mundo […]
Eloxio da imperfección

Sen causa xustificada, hai un par de semanas, dei en coller dun andel da miña biblioteca un pequeno volume de Austral, a célebre colección da editorial Espasa-Calpe: Conversaciones con Francisco Ayala, escrito por Rosario Hiriart, dilixente e debota alumna súa de orixe cubana, logo brillante profesora nos EUA. O libro, unha primeira edición de 1982, […]