O futuro que fica no pasado

A muller achegóuseme no remate dunha tertulia literaria. Nese momento derradeiro no que algúns queren saudar cun bico ata a próxima vez e no que outros teñen algo que comentar ou que pedir. A muller agardou a súa quenda e cando xa non quedaban outros interesados en falar, pediume un momento para unha consulta. A […]

Matrimonio de conveniencia

Nestes días recibín unha mensaxe por internet que falaba do matrimonio dunhas nenas menores de dez anos musulmás con homes maiores de vinte anos, que resultou ser falsa, un dous moitos contos que percorren a rede, máis o peor, foi que tanto a min coma a moitas e moitos que recibimos o correo electrónico pareceunos […]

Persoas cun oído finísimo…

persoas  cun oído finísimo din que en vinilo a música soa mellor que no ordenador. eu, que non oio tanto, prefiro o dixital pola súa facilidade de manipulación (lembrades o rito de limpar os discos cun pano?), porque non se escoita de fondo a tixola dos ovos fritidos, porque podo copialos para escoitar no coche… […]

O problema da violencia

Acabamos de manifestarnos para acabar coa violencia contra as mulleres, o día 25 de novembro. Os xornais e as televisións dedicáronlle espacios para concienciar sobre esa enorme inxustiza. Existe, xa hai anos, unha Lei contra esa violencia. Diríase que a sociedade reacciona para errradicala. Vale. Pero, paralelamente, esa mesma sociedade fomenta a violencia de xénero […]

Lembrando a Rei Ballesteros

Coñecín a Rei Ballesteros nas xornadas literarias de Mariñán. Nos seus beizos os vocábulos e o fume disipaban as horas. Pronunciaba os nomes dos escritores, pintores, filósofos, músicos… (algúns, coñecidos; outros, recónditos) con sabedoría exaltada. Parecía que, como o esqueleto que Castelao pintara n’ O ollo de vidro, levase unha biblioteca na cachola. Na súa […]

Cun libro nas mans

Non sei durmir sen un libro nas mans. É un deses vicios saudables. Sen contraindicacións. Sen efectos adversos nin perversos para o que só se necesitan ollos. Ou mans. Quizais porque compartín o ventre da miña nai con textos prohibidos cruzando a fronteira. Quizais porque de pequena só tiña présa por medrar para chegar a […]

Chanclas na ducha?

Hai moitos anos que fago camping e sempre sei se a persoa que se está a duchar é do país ou non. Abonda con reparar nun pequeno detalle: os nacionais dúchanse con chanclas, os estranxeiros déixanas fóra. Imaxino que o noso razoamento é o seguinte: cómpre protexer os pés, porque pode haber alguén que teña […]

Pendentes

Estamos estes días pendentes de se, coa proposta do novo decreto de galego no ensino, o goberno se afasta definitivamente –como todo apunta– ou non do consenso lingüístico ao que se chegara no Parlamento en 2004. Baixar a porcentaxe do mínimo do 50% de materias en galego significaría que racharían unilateralmente ese acordo, e un […]