Nas cancelas do cemiterio

Como moita xente, eu comezo a ler o xornal por atrás. E como moitos destes lectores, a miña primeira atención pousa nas mortuorias. Pero, a diferenza deles, non busco coñecidos para irlles ao enterro. A miña afección é parente da dos protagonistas da canción dos Smiths Cemetery Gates, que se citan ás portas do cemiterio […]

O tempo fuxidío

O tempo fuxe, como a vida, case sen nos decatar. Acontece que, nós, todos nós, non temos esa conciencia. Pasamos as idades sen deternos, como alguén que corre cara unha meta, aínda que co tempo comezamos a sentir dúbidas sobre o camiño, dúbidas sobre o lugar onde queremos chegar. De feito, o tempo fuxidío lévanos […]

Sen remexer

Non se pode remexer todo. Hai ingredientes que custa ligar. Por iso non entendo esa teima de mesturar o lucro económico con tódalas cousas e actividades. Coa cultura non sempre é un bo aliado. E disto sempre hai quen saca proveito. Por unha banda están os que só traballan na cultura para obter un beneficio […]

Coma antes

Os nosos (des)gobernantes veñen de decidir –sen que ninguén conseguise impedilo– que as nenas e nenos galegos poderán escoller a lingua en que empregar os libros de texto. Estantismo do vello, retroceso sen precedentes, paralización que me fai viaxar máis de 30 anos no tempo. Quizais a ese1979 en que se promulgaba o polémico Decreto […]

Que era Castelao?

Castelao era autor. Autor de textos e autor de imaxes. O que se podería dicir, un autor completo. Ninguén pode negalo. Aínda a día de hoxe moitos axentes do mundo literario seguen inventándose una diferenciación entre “o autor” e “o ilustrador” ao referirse a unha obra literaria ilustrada. Podemos falar dun autor literario e doutro […]

Non ser resentidos

O gran filósofo alemán Friedrich Nietzsche, explicou moi lucidamente o concepto de ‘resentimento’. Segundo a súa análise, un resentido é aquel que, máis que actuar, reacciona. E sempre para mal. Ou sexa, un resentido sería aquel que, por exemplo, experimenta pracer cando a quen considera o seu inimigo as cousas lle van mal. Sería o […]

O abrigo

Dúas pícaras diríxense á escola. Cruzan o barrio de dez casas onde viven. Xusto ao final da pista, do territorio das bicis, do brilé, das carreiras, hai un almacén de caixas e botellas que delimita. A partir de alí, a pista torna en estrada, os coches van máis rápido, non hai acubillo. Comeza a vila. […]

Pagou a pena

En decembro do 2009, os da Compañía Matapiollos Teatro rematamos unha xira cunha obriña de teatro titulada a Rebelión do Monicreque. Con Marta Rivas viaxei, montei, desmontei e actuei. Chegou o momento de descansar e de facer balance e, para min, houbo un día que non vou esquecer. Nunha das primeiras funcións, logo de montar […]