Mal, fealdade e inxustiza

18 anos de cárcere para a panda que buscaba parellas nos parques pola noite, masacraba a golpes aos mozos e violaba repetidas veces ás mulleres poñendo aos seus partenairs coma colchón. Probablemente os integrantes sairán en 5. A roupa leva meses almacenada en stocks pero hai folga por falta de acordo no téxtil. O primeiro […]

Len @s adolescentes?

Se teño que responder a esta pregunta, categoricamente e sen dubidalo diría que si. Creo que len, e bastante. Quizais non tanto como quixeramos –adoita suceder-, quizais non tanto coma nós na súa idade –dubídoo-, pero len. Len sen importarlles o número de páxinas, con avidez. Pero, iso si, len o que lles gusta. (Ata […]

Da memoria histórica literaria

Hai uns días sorprendeunos a triste nova da morte do escritor portugués José Saramago. Páxinas de xornais, retrospectivas televisivas e resumes bibliográficos comentados deron a imaxe do intelectual comprometido e querido por todos. Lonxe quedaban as críticas por parte da Igrexa e de sectores neoconservadores do seu propio país. O seu legado seguirá no tempo. […]

Libros con becho

Non é preciso lembrar a Metamorfose de Kafka nin Ada or the ardor de Nabokov para falarmos de literatura e entomoloxía. Covalladas. Prosa Vertical de Xurxo Borrazás é o último libro con becho da literatura galega. Os bechos, neste caso, son os grilos. Pero o grilo é tamén un dos protagonistas dun dos contos de […]

Un circo

Ábrese o telón. Un “opinólogo” dun programa televisivo chámalle “guarra”, “puerca” e “zorra repugnante” á conselleira de sanidade catalana. Todo isto aderezado cunha comparación da situación da moralidade en materia sexual de hoxe en día coa sodomización de menores. O mestre de cerimonias está entusiasmado. O escenario fede a vertedeiro machista, a resentimento e intolerancia. […]

Reducir o déficit desde a Cultura da Paz

Estamos inmersos nun debate de enorme interese sobre as formas de reducir o déficit público, en España e en toda Europa, algo sobre o que parece existir un acordo unánime, con independencia de que teñamos valoracións diferentes sobre as causas (e os causantes) da crise, ou sobre as responsabilidades atribuíbles a cada quen, desde logo, […]

Xa están aquí…

Que o iPad vai cambiar a maneira de achegarnos ao libro e que suporá o revulsivo que cimente as bases do consumo masivo de libros electrónicos parece ser unha predición que todos os expertos dan por certa. Que 400.000 españois, segundo cifras de Wattpad, estean xa a empregar o seu iPhone para ler libros, adiántanos […]

Por certo

Unha recente investigación na Universidade de Krusne Hory Sul (KHSUn), na República Checa, demostra que os nenos que len teatro son adultos máis intelixentes, serenos e empáticos; e viceversa. Outra, feita hai anos polo mesmo grupo de estudo multidisciplinar, asegura que ler mentiras é saudable. Ler literatura, por tanto, ha de ser algo así como […]