Inquedante creatividade

Segundo Arthur C. Clarke a natureza, o universo, copia todas as creacións que imaxinamos os seres humanos. Sen chegar a tomar esta afirmación ao pé da letra, o seu pensamento é sen dúbida motivo de reflexión. Hai algún tempo aconteceume algo bastante inquiedante que me deu moito que pensar arredor do “momento creativo”, ese fascinante […]
Libros de xeografía oculta

Ao longo dos anos fun tecendo un mapa vital e sentimental propio. Devorei os lugares que visitei, as vilas e cidades nas que residín, todas as paisaxes que morei; como se se tratara dun ritual, esixíronme como compensación a extirpación de anacos de corazón. Por suposto, cedinos co mellor dos meus sorrisos, malia doer. Como […]
Literatura, mercado e tradución

A situación de diglosia que padece Galicia, co castelán coma lingua de prestixio, ultimamente validada coa etiqueta de “común”, mentres o galego vai perdendo falantes entre os máis novos e segue sen ocupar, no eido social e cultural, o espazo que lle corresponde, afecta a todo o sistema lingüístico e literario e, xa que logo, […]
Manual de sedución

Por fin… Chegou… Manual de Sedución…Seducidas estamos. Marful vén de editar en soporte a forma de retorcer as nosas almas,avivarnos o ouvido e conquistarnos a mente. Roza o profundo sen esquecer o banal. Irónico, rítmico, arrollador e sútil. Un Santuario de acordes e timbres. Unha viaxe Universal,con escalas sen esperas. Resultado acústico para unha creatividade […]
Xerar xenreira

Non é fácil comprender, se non é por inconfesábeis principios antigalegos de quen exerce o poder, que sexa a propia administración autonómica a que propicie para este principio de curso tal volume de crispación arredor dos usos lingüísticos no ensino. A relativa pax romana que se viviu até agora nos centros educativos, a pesar dos […]
Dor

Hai pouco, a actriz Naomi Watts explicaba que, como artista, precisaba sufrir, que era importante para ela o sufrimento, a dor, a toma de conciencia do tráxico que é todo para que a arte -no seu caso a interpretación- abrolle como é debido. Quizais así queda claro que o de actriz é, sen dúbida, un […]
60 anos coa Editorial Galaxia

O 25 de xullo de 1950 reuníase nos baixos do Hotel Compostela a asamblea que había de constituir a Editorial Galaxia, daquela un núcleo de resistencia contra a ditadura, estratexia organizada para facer fronte a momentos moi difíciles para a nosa cultura, diezmada logo da guerra civil. Nas páxinas desta mesma Web (historia da editorial) […]
Terra de soños

Contaba Darío Xohán Cabana que, despois de corenta anos, lle custaba lembrar exactamente o que quería expresar coa letra de O lobo, da que collemos o título do espectáculo; eran tempos complicados politicamente e el amosou a mesma sabedoría da tradición musical galega que soubo dicir durante anos tantas cousas sen poder ou querer dicilas […]